Con novo aspecto e importantes melloras no uso e a funcionalidade, estréase a nova sede electrónica da SMM adherida ao Proxecto Provincial de Implantación da Administración Electrónica.
Entre as importantes novidades que incorpora, destaca o acceso a través do sistema cl@ve, que permitirá ao cidadán a tramitación a través de clave PIN ou clave permanente, a maiores do certificado electrónico e DNI-e.